miércoles, 1 de octubre de 2008

Peguntas da clase. Qué é un líquen?



Os líquenes son organismos constituídos pola simbiose entre un fungo chamado micosimbionte e unha alga chamada fotosimbionte. A asociación destes dous organismos pode ser moi variada se podendo diferenciar varios tipos estruturais moi diferentes dende o máis simple onde fungo e alga se asocian de forma casual ao máis complexo onde micosimbionte e fotosimbionte se organizan nun talo de morfoloxía moi diferente aos dous organismos que os constitúen e onde a alga ou cianobacteria se atopa formando unha capa baixo a protección do fungo.[1]

Os líquenes son organismos excepcionalmente resistentes ás condicións ambientais adversas e capaces, polo tanto, de colonizar moi diversos ecosistemas. A protección fronte ao desecamento e a radiación solar que achega o fungo e a capacidade de fotosíntese da alga confiren ao simbionte características únicas fronte a outros organismos. A síntese de compostos unicamente presentes nestes organismos, as chamadas substancias liquénicas permiten un mellor aproveitamento de auga, luz e a eliminación de substancias prexudiciais.

No hay comentarios: