lunes, 20 de octubre de 2008

Vídeos sobre a mitose e a meiose

Mitose:




Fantástica animación en la que podemos ver cada fase desde una visión 3D.


Meiose
Este vídeo é moi sinxelo e explicativo. Seguroq ue o entendedes a 1ª con esto:


Os vindeiros están en inglés, pero os vídeos son moi bos e enténdense ben xunto cas explicacións de clase . O inglés tamén é moi sinxelo de entender e ides practicando unpouquiño...




Diferencias entre Mitose e meiose
Este vídeo está en inglés pero subtitulado ó castelán.

miércoles, 1 de octubre de 2008

Preguntas de clase. Pican os mosquitos?

Pois realmente as que pican son as "mosquitas", pois teñen que alimentarse de proteína para poñer os ovos, mentres que os machos aliméntanse de xugos vexetais. Aínda que isto pode variar cas especies, unhas 2.500!.
Abaixo deixo un vídeo moi ilustrativo no que se explica o ciclo de vida:

Peguntas da clase. Qué é un líquen?



Os líquenes son organismos constituídos pola simbiose entre un fungo chamado micosimbionte e unha alga chamada fotosimbionte. A asociación destes dous organismos pode ser moi variada se podendo diferenciar varios tipos estruturais moi diferentes dende o máis simple onde fungo e alga se asocian de forma casual ao máis complexo onde micosimbionte e fotosimbionte se organizan nun talo de morfoloxía moi diferente aos dous organismos que os constitúen e onde a alga ou cianobacteria se atopa formando unha capa baixo a protección do fungo.[1]

Os líquenes son organismos excepcionalmente resistentes ás condicións ambientais adversas e capaces, polo tanto, de colonizar moi diversos ecosistemas. A protección fronte ao desecamento e a radiación solar que achega o fungo e a capacidade de fotosíntese da alga confiren ao simbionte características únicas fronte a outros organismos. A síntese de compostos unicamente presentes nestes organismos, as chamadas substancias liquénicas permiten un mellor aproveitamento de auga, luz e a eliminación de substancias prexudiciais.

Unidade 3. teoría cinética e atómica da materia

Unidade 2. Mesturas, disolucións & números racionais

Unidade 1. A célula e a información xenética

Pódense tamén baixar dende a páxina da consellería:
<